Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2024.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1581 Dublín |
Morte | 21 de marzo de 1656 (75 anos) Reigate (pt) |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Bishop of Carlisle (en) | |
1642 (Xuliano) – 1643 (Xuliano) ← Barnaby Potter (en) – Richard Sterne (en) → | |
Arcebispo de Armagh (Igrexa de Irlanda) | |
1625 (Xuliano) – 21 de marzo de 1656 (Xuliano) ← Christopher Hampton (en) – John Bramhall (pt) → | |
Arcebispo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Irlanda |
Grupo étnico | Pobo irlandés |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | Trinity College Dublín |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote , filósofo , escritor , teólogo , historiador , Arcebispo |
Período de tempo | 17th century generation (en) e 16th century generation (en) |
Interesado en | Cronologia bíblica (pt) |
Lingua | Lingua latina e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Phoebe Challoner (1614–) |
Fillos | Elizabeth Tyrrell (en) |
Pais | Arland Ussher (pt) e Margaret Stanihurst (en) |
James Ussher, James Usher ou, simplemente Ussher (latinizado como Jacobus Usserius), nado en Dublín o 4 de xaneiro de 1581 e finado na mesma cidade o 21 de marzo de 1656, foi arcebispo anglicano de Armagh e primado de Irlanda entre 1625 e 1656.
Teólogo prolífico, é especialmente famoso por publicar unha cronoloxía, en 1658, no libro The Annals of the World (Os anais do mundo), tradución ao inglés doutro que publicara en latín tres anos antes, onde se precisa, con exactitude asombrosa, a idade exacta da Terra, situando a Creación no ano 4004 antes de Cristo.
Ussher naceu en Dublín, Irlanda, no seo dunha rica familia anglo-irlandesa. O seu avó materno, James Stanihurst, fora speaker (presidente) do Parlamento irlandés, e o seu pai Arnold Ussher era clérigo na Chancelería de Irlanda cando casou con Margaret Stanihurst. O seu irmán máis novo, Ambrose, o único (con el) que alcanzou a idade adulta, chegou a ser un eminente especialista en árabe e en hebreo. Segundo o seu capelán e biógrafo, Nicholas Bernard, Ussher aprendeu a ler grazas a dúas das súas tías, que eran cegas.
Demostrando grande aptitude para as linguas, James entrou na Dublin Free School, e despois, o 9 de xaneiro de 1594, no recentemente inaugurado (1591) Trinity College, Dublin, á idade de 13 anos. Despois de obter o seu diploma de Bachelor of Arts (Bacharel en artes) en 1598, pasou á universidade en 1600.
En maio de 1602, o seu tío Henry Ussher, arcebispo de Armagh e primado anglicano de Irlanda, ordénao diácono protestante da Igrexa de Irlanda na capela do Trinity College (e posibelmente sacerdote o mesmo día).
Ussher foi Chanceler da St Patrick's Cathedral, Dublin en 1605 e Prebendary (cóengo) de Finglas. Foi profesor Controversias Teolóxicas no Trinity College e Bachelor of Divinity (Bacharel en divindade) en 1607, Doutor en divindade en 1612, Vicechanceler en 1615 e vice-provost en 1616. En 1613 casa con Phoebe, filla dun antigo vice-provost, Luke Challoner, e publica a súa primeira obra. En 1615 estivo estreitamente comprometido coa redacción da primeira confesión de fe da Igrexa de Irlanda.
En 1619, Ussher fai unha viaxe de dous anos a Inglaterra. A súa única filla, Elizabeth, naceu en Londres nese mesmo ano. James Ussher chegou a ser un gran personaxe despois do seu encontro con Xacobe I de Inglaterra. Foi nomeado bispo de Meath en 1621, e chegou a ser un personaxe de envergadura nacional en Irlanda. Accedeu ao Privy Council en 1623, continuando os seus traballos eruditos. De 1623 a 1626, Ussher estivo de novo en Inglaterra e foi dispensado das súas obrigas episcopais co fin de estudar a historia eclesiástica. En 1625, sucedeu, finalmente, ao seu tío nas funcións de arcebispo de Armagh e de primado de Irlanda.
Ussher era un calvinista convencido, e en tanto que primado accedeu á cabeza da Igrexa de Irlanda, protestante. Como moitos dos seus contemporáneos, alardeaba dun anti-catolicismo feroz, o que guía os seus primeiros traballos. O ton dos seus escritos reflicte a dureza dos debates teolóxicos no inicio da época moderna. Por exemplo, o seu Judgement of the Arch-Bishops and Bishops of Ireland (1626) comenza así:
"A relixión dos papistas é supersticiosa e idólatra; a súa fe e a súa doutrina erróneas e heréticas; a súa Igrexa apóstata; acordar a tolerancia ou consentir que eles poidan exercer libremente a súa relixión é por tanto un grave pecado."
Ussher emprendeu intensas disputas cos teólogos católicos romanos. Na época dos seus estudos, desafiara a un parente xesuíta, Henry Fitzsimon, a debater publicamente a identificación do papa co Anticristo. De maneira máis xeral, Ussher escribiu secasí moito sobre teoloxía ou historia eclesiástica, e estes temas substituíron pouco a pouco as diatribas anticatólicas. As súas investigacións sobre a antiga Igrexa irlandesa-céltica foron a única autoridade na materia até o século XX. De Graeca Septuaginta Interpretum Verisone (1655) constituíu o primeiro estudo serio da Septante (ou Septuaginta, en versión latina).
En 1650 Ussher, baseándose na Biblia, escribiu o libro Annales veteris testamenti, a prima mundi origine deducti (Anais do Antigo testamento, que deducen as orixes primeiras do mundo), no que fixo unha excéntrica estimación do número de xeracións, tendo en conta a duración media a duración media da vida humana e as principais figuras bíblicas entre Adán e Eva e o nacemento de Xesús.
Deduciu datas exactas, por exemplo:
O efecto de verosimilitude xerado pola súa peregrina precisión deulle unha gran credibilidade entre os seus contemporáneos.