Willis Lamb

Infotaula de personaWillis Eugene Lamb, Jr.

Willis Lamb en 1955.
Nome orixinal(en) Willis Eugene Lamb Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1913
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 2008 (94 anos)
Tucson (Arizona)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de California en Berkeley
Los Angeles High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseRobert Oppenheimer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Columbia
Universidade do Arizona (pt) Traducir
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresRobert Oppenheimer Editar o valor em Wikidata
AlumnosTheodore Maiman Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoNorman Myles Kroll (pt) Traducir, Robert Retherford (pt) Traducir, Marlan Scully (pt) Traducir, Bernard T. Feld (pt) Traducir, Balazs Laszlo Gyorffy (en) Traducir e Robert Novick Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física (1955)

WikiTree: Lamb-6855 Find a Grave: 167835978 Editar o valor em Wikidata


Willis Eugene Lamb, Jr., nado nos Ánxeles (California) o 12 de xullo de 1913 e finado en Tucson (Arizona) o 15 de maio de 2008; foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado mo ano 1955 co Premio Nobel de Física.

Traxectoria

Estudou química na Universidade de California licenciándose en 1934, ampliando posteriormente estudos e licenciándose en física en 1938. Entre 1956 e 1962 foi profesor de física na Universidade de Oxford e posteriormente tamén ensinou na Universidade Yale, Columbia e Stanford.

Investigacións científicas

En 1955 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto co físico Polykarp Kusch polos seus descubrimentos referentes á estrutura fina do espectro do hidróxeno. Lamb e Kusch realizaron estudos parecidos sobre o electromagnetismo do electrón, establecendo Lamb o denominado efecto Lamb.

Vida privada

En 1939 Lamb casou coa súa primeira esposa, Ursula Schaefer, estudante alemá que se converteu nunha destacada historiadora de Latinoamérica. Trala morte dela en 1996, casou coa física Bruria Kaufman, da que logo se divorciou. En 2008 casou con Elsie Wattson.

Notas

  1. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 5 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas