Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1573 Reading |
Morte | 10 de xaneiro de 1645 (71 anos) Tower Hill |
Causa da morte | Pena de morte (Decapitación ) |
Lugar de sepultura | Oxford |
Arcebispo de Canterbury | |
6 de agosto de 1633 – 10 de xaneiro de 1645 ← George Abbot (pt) – William Juxon (pt) → | |
Bispo de Londres (pt) | |
1628 – 1633 ← George Montaigne (en) – William Juxon (pt) → | |
Anglican Bishop of Bath and Wells (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educación | St John's College (en) Reading School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía, política e Igrexa Anglicana |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | teólogo , escritor , clérigo , ministro anglicano , ministro |
Lingua | Lingua inglesa |
Día de festividade relixiosa | 10 de xaneiro |
William Laud, nado o 7 de outubro de 1573 en Reading, Berkshire, e finado o 10 de xaneiro de 1645, foi un líder relixioso británico, arcebispo de Canterbury (1633-1645). Un dos teólogos principais da igrexa do rei Carlos I, opúxose as formas radicais do puritanismo.
William Laud, fillo dun comerciante de tecidos acomodado, foi bautizado na Igrexa de Saint Laurence, en Reading. Educouse na Reading School e, a través dunha bolsa de estudos, no Saint John's College, en Oxford, onde acadou o título de bacharel de artes en 1594 e o mestrado en 1598. O 9 de maio de 1601 foi elixido membro sénior e converteuse en inspector da Universidade de Oxford en 1603.
Paralelamente, Laud foi ordenado sacerdote o 5 de abril de 1601, e de camiño gañou reputación de ser partidario das tendencias arminianas e da alta igrexa, afastado do puritanismo e intelectualmente brillante, nun tempo en que a ideoloxía calvinista era forte na Igrexa de Inglaterra. Ademais disto, as súas afirmacións sobre a sucesión apostólica resultaban impopulares nalgúns ámbitos.
Xa como arcebispo de Canterbury e desde o seu posto na universidade, William Laud empeñouse en reorganizar a Oxford University Press para lle dar un verdadeiro status de empresa editorial, polo que lle pediu ao rei Carlos I as axudas públicas necesarias para poder competir cos libreiros e impresores aos que o rei lles concedera privilexios de edición. A raíz disto, en 1634 esa casa editorial pasou a ser considerada como unha das dúas privileged presses, xunto con Cambridge University Press.
En 1645, durante a Primeira Revolución inglesa, despois de intentar reformar a Igrexa, Laud foi executado por orde do Parlamento, sen ter conseguido a clemencia real.