Taurus ou Touro (símbolo , Unicode ♉ ) é unha constelación zodiacal ; o seu nome en latín significa touro . Destaca no ceo invernal , entre Aries ó oeste e Xémini ó leste . Ó norte atópase Perseus e Auriga ; ó sueste Orión , e ó suroeste Eridanus e Cetus .
Características destacables
Representación medieval de Taurus
Aldebarán (α Tau), a estrela máis brillante da constelación , é unha xigante vermella de primeira magnitud , mentres que Elnath (β Tau) forma os cornos do touro xunto a ζ Tauri . Dúas estrelas variables na constelación, T Tauri e RV Tauri , son os prototipos de ambos tipos de estrelas que levan ós seus nomes.
Tauro conten dous dos cúmulos abertos máis coñecidos do firmamento: as Pléiades , onde cabe subliñar a Merope (23 Tau), e as Hyades , onde a súa estrela principal é γ Tauri .
Estrelas principais
α Tauri , coñecida coma Aldebarán , estrela xigante vermello-alaranxada de magnitude 0,87.
β Tauri , chamada tamén Elnath , xigante branco-azulada de magnitude 1,68.
γ Tauri (Hyadum I ), xigante laranxa membro do cúmulo das Hyades de magnitude 3,65.
δ Tauri , en realidade tres estrelas, todas membros das Hyades. δ1 Tauri (Hyadum II ) é unha estrela semellante a Hyadum I.
ε Tauri (Ain ), xigante amarelo-laranxa membro das Hyades con magnitude 3,53 e onde se descubriu un planeta extrasolar .
ζ Tauri , estrela binaria de magnitude 2,97 situada no corno sur do touro.
η Tauri (Alcíone ), a estrela máis brillante do cúmulo das Pléiades e a terceira da constelación con magnitude 2,85, é unha nova estrela branco-azulada.
κ Tauri , estrela dobre visual onde ás súas compoñentes, de cor branca, están separadas 5,6 minutos de arco .
λ Tauri , sistema estelar triplo e variable eclípsante .
Merope (23 Tauri ), estrela das Pléiades que ilumina a nebulosa de reflexión NGC 1435 .
10 Tauri , estrela amarela situada a 45 anos luz cun posible disco circumestelar ó seu redor.
30 Tauri , nova estrela binaria de magnitude 5,06 cunha idade estimada inferior a 28 millóns de anos.
T Tauri , estrela variable prototipo dunha clase de estrelas en proceso de formación e que aínda non teñen entrada na secuencia principal .
AA Tauri , estrela T Tauri que posúe un disco protoplanetario no que se teñen detectado moléculas orgánicas .
CE Tauri (119 Tauri ), superxigante vermella , unha das estrelas máis grandes que se coñecen.
RV Tauri , prototipo de estrelas variables intermedias entre as cefeidas e as variables Mira .
RZ Tauri , binaria eclípsante de contacto onde se produce transferencia de masa entre as dúas estrelas.
UX Tauri , sistema triplo formado por tres estrelas T Tauri; ó redor da máis brillante descubriuse un disco protoplanetario.
HD 37124 , estrela amarela con tres planetas coñecidos.
CoKu Tauri/4 , nova estrela T Tauri dun millón de anos de idade cun posible planeta extrasolar .
HL Tau 76 (V411 Tauri ), anana branca pulsante , variable do tipo ZZ Ceti .
Obxectos Notables do espazo profundo
Mitoloxía
Constelación de Taurus.
Na mitoloxía grega , Tauro é a forma de touro co deus Zeus adoptou para seducir a Europa , unha mítica princesa fenicia . Tiveron tres fillos: Minos , o mítico rei de Creta , Sarpedón e Radamantis . Segundo outras versión, a constelación fai mención ó mito do Touro de Creta , unha das doce tarefas de Hércules .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas