Napoli | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Società Sportiva Calcio Napoli SpA | |||
Alcume(s) | Azzurri (azuis); Partenopei | |||
Fundación | 1 de agosto de 1926 (97 anos) | |||
Estadio | Diego Armando Maradona, Nápoles, Italia | |||
Inauguración | 1959 | |||
Capacidade | 60.240 | |||
Propietario | Aurelio De Laurentiis | |||
Presidente | Aurelio De Laurentiis | |||
Adestrador | Luciano Spalletti | |||
Liga | Serie A | |||
2022–23 | 1.º | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Lete | |||
Na rede | ||||
http://www.sscnapoli.it/ | ||||
| ||||
A Società Sportiva Calcio Napoli é un club italiano de fútbol con sede en Nápoles, na rexión de Campania. Foi fundado o 1 de agosto de 1926 e xoga na Serie A de Italia.
Disputa os seus encontros como local no Estadio Diego Armando Maradona, situado no barrio de Fuorigrotta na cidade de Nápoles. Tiña unha capacidade de 78.210 seguidores, reducida na actualidade a 60.240. As dimensións do terreo de xogo son 105 × 68 m. O estadio foi inaugurado o 6 de decembro de 1959 nun partido contra a Juventus; o resultado do encontro foi 2-1, a favor do Napoli.
Actualizado a 18 de xuño de 2020.
|
|
|
|
Segundo unha enquisa elaborada polo instituto estatístico Demos no mes de setembro de 2016, do total de afeccionados ao fútbol en Italia, o Napoli é o cuarto club por número de seareiros, co 13% do total.