Rupicapra rupicapra | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rupicapra rupicapra no zoo de Salzburgo | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Rupicapra rupicapra (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||
Distribución de Rupicapra rupicapra no 2008.
En amarelo, lugares onde se reintroduciu. (Exclúense as poboacións introducidas na Arxentina e en Nova Zelandia). | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
|
Rupicapra rupicapra, é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos bóvidos, subfamilia dos caprinos, unha das dúas que integran hoxe o xénero Rupicapra, que poderiamos denominar rebezo setentrional, para non confundir coa outra especie, Rupicapra pyrenaica, o rebezo dos Pireneos ou rebezo propiamente dito.
Esta especie introduciuse na República Checa, nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como na illa sur de Nova Zelandia e na Arxentina.
Algunhas das súas subespecies están estritamente protexidas na UE pola Directiva Europea de hábitats.
Durante moito tempo a maioría dos autores clasificaron a todos os individuos do xénero Rupicapra na especie Rupicapra rupicapra, pero algúns consideraban, desde hai moitos anos, aos integrantes das subespecies das montañas do sur de Europa, como os Pireneos, a cordilleira Cantábrica e os Apeninos, como unha especie á parte, Rupicapra pyrenaica, o que a día de hoxe está xa aceptado pola comunidade científica internacional.
Aparencia similar á dunha cabra, con manchas cololreadas de gran contraste na cabeza; o pescozo é relativamente longo, sen barbas, pero cunha longa crina no colo e no lombo. Os cornos, presentes en ambos os sexos, son finos, dirixidos primeiro cara a arriba e despois curvados cara a atrás, algo máis curvados nos machos cá nas femias.
É moi semellante a Rupricapra pyrenaica, pero máis pesado. A súa lonxitude é de entre os 110 e os 130 cm (aos que hai que engadir de 3 a 4 cm da cola); a altura na cruz é de 70 a 80 cm, e o peso de 30 a 50 kg (noa machos) e de 25 a 42 kg (nas femias).
En verán, a capa é de cor amarela pálida ou parda amarelada clara, cunha franxa ondulada máis escura. No inverno é de cor parda escura, co debuxo ben visíbel. As partes ventrais sempre son algo máis claras có resto da pelaxe.
Orixinariamente moi restrixido aos bosques, especialmente en montañas de ladeiras moi pendentes e rochosas; bosques caducifolios ou de coníferas, e bosques mixtos. Porén, frecuenta tamén terreos rochosos por riba do límite dos bosques (especialmente polo verán.
Vive nas cadeas montañosas da Europa central e meridional, Cáucaso e Asia Menor. Foi introducido nos Vosgos, o Xura e a Selva Negra, así como en Nova Zelandia, na República Checa e na Arxentina.
É sobre todo un animal diúrno, raramente activo durante a noite. Descansa no mediodía, especialmente nos días caloros do verán. Forma pequenos rabaños compostos polas femias, as súas crías e individuos xuvenía de ambos os sexos, guiados por unha femia vella. En outono e onverno os grupos son máis numerosos (incluso chegan a estaren formados por máis de cen individuos). Os machos son solitarios, especialmente no verán, ou viven reunidos en pequenos grupos; reúnense coas femias na época de celo.
Moi áxiles, marchan con paso regular, ao galope, raramente ao trote; saltan e gabean moi ben polas rochas. nadan, aínda que so o fan cando é necesario. Teñen un bo sentido da vista. Cando senten algún perigo emiten unha especie de asubío o dos machos, máis rouco); tamén producen un bear tremoroso, semellante ao das cabras domésticas, especialmente os xuvenís, e as femias chamando ás súas crías. Na época de celo os mechos tamén emiten un son rouco e gutural.
Aliméntanse de gramíneas, outras plantas herbáceas, follas, gromos, musgos, liques, cascas de árbores e arbustos e arumes de coníferas.
O apareamento prodúcese desde outubro até decembro. A xestación dura uns 6 meses. Os partos ocorren entre maio e xuño. As femias paren xeralmente unha soa cría, que xa pode seguir á nai pouco despois de nacer. A cría é aleitada durante seis meses, pasados os cales independízase. Alcanzan a madurez sexual aos tres anos. A súa esperanza de vida é de 15 a 20 anos.
Os principais depredadores desta especie son o lince e o lobo; para os animais novos e débiles tamén a aguia real, o quebraosos, o corvo carnazal, o oso pardo e o raposo común. Así mesmo, sofre a caza por parte do home.
A especie foi descrita en 1758 polo naturalista sueco Linneo, na 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Capra rupicapra. Posteriormente, despois de que en 1816 o naturalista francés Henri Marie Ducrotay de Blainville creara o xénero Rupicapra, foi reclasificada neste xénero.
Véxase a etimpoloxía e Rupicapra
Segundo o Mammal Species of the World, na especie Rupricapra rupicapra recoñécense na acualidade as subespecies seguintes:
Rupicapra rupicapra (Linnaeus, 1748)
Porén, algúns autores consideran algunha máis: dúas, no NCBI e máis na EOL:
Ou unha, na UICN:
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rupicapra rupicapra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rupicapra rupicapra |