Foden | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Philip Walter Foden | ||
Nacemento | 28 de maio de 2000 | ||
Lugar de nacemento | Stockport | ||
Altura | 1,71 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Manchester City | ||
Número | 47 | ||
Carreira xuvenil | |||
2009–2017 | Manchester City | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017– | Manchester City | 129 | (35) |
Selección nacional | |||
2015–2016 | Inglaterra sub-16 | 8 | (2) |
2016–2017 | Inglaterra sub-17 | 23 | (11) |
2017–2018 | Inglaterra sub-18 | 2 | (1) |
2018 | Inglaterra sub-19 | 3 | (1) |
2018– | Inglaterra sub-21 | 15 | (4) |
2020– | Inglaterra | 23 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 11 de xuño de 2023. Selección: actualizado a 11 de xuño de 2023. | |||
Philip Walter Foden, nado en Stockport, Inglaterra, Reino Unido o 28 de maio de 2000, é un futbolista inglés que xoga como centrocampista no Manchester City da Premier League de Inglaterra.
Foden formouse dende os oito anos na canteira do Manchester City. O 21 de novembro do 2017 debutou co Manchester City nun encontro da Liga de Campións ante o Feyenoord Rotterdam. Co seu debut, converteuse no cuarto futbolista inglés máis novo en debutar na máxima competición europea só por detrás de Wilshere, Solanke e Maitland-Niles. Poucas semas despois converteuse no futbolista inglés máis novo en ser titular, con só 17 anos e 192 días. O seu debut na Premier League foi o 16 de decembro ante o Tottenham Hotspur F.C.. Poucos meses despois, logrou converterse no futbolista máis novo en gañar unha medalla de campión da Premier League batendo a marca de Clichy.
O 5 de agosto de 2018 foi titular na final da Community Shield, na que o equipo de Guardiola venceu ao Chelsea.
Foden foi internacional en todas as categorías inferiores da selección inglesa (dende a sub-16 á sub-21). En maio de 2017 marcou dous goles no Europeo sub-17, incluíndo un na final, no que a selección inglesa sub-17 caeu na quenda de penaltis ante España.
En outubro dese mesmo ano foi elixido mellor xogador do Mundial sub-17 celebrado na India. A selección inglesa tomouse o desquite do sucedido uns meses antes e derrotou por 5 a 2 ao combinado español na final. Foden marcou dous tantos na final e foi elixido como mellor xogador do torneo.
É internacional absoluto coa selección de Inglaterra dende 2020. Debutou o 5 de setembro saíndo de inicio no partido da liga das Nacións da UEFA 2020-21 ante Islandia que o conxunto inglés venceu grazas a un gol de Raheem Sterling no tempo de desconto. O 18 de novembro, no partido disputado en Inglaterra entre ambas as seleccións, anotou os seus primeiros dous goles co equipo nacional.