Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes.
Entre 1911 e 1935 impartiu clases de física nas universidades de Utrecht en 1912, Gotinga en 1913, volveu á Zúric en 1920, na de Leipzig en 1927, e finalmente volveu a Berlín en 1934 onde foi nomeado director do Instituto Kaiser Guillerme de Física.
En 1913 casou con Mathilde Alberer. Tiveron unha filla e un fillo (Peter P. Debye) que se converteu nun físico recoñecido e colaborou con Debye nalgunhas das súas investigacións.
En 1938 trasladouse aos Estados Unidos, onde impartiu clases de química na Universidade Cornell entre 1940 e 1952. En 1946 obtivo a cidadanía estadounidense e nese momento cambiouse o seu nome holandés pola súa transcrición inglesa.
En 1912 introduciu unha modificación na teoría da calor específica desenvolvida por Albert Einstein, calculando a probabilidade de calquera frecuencia de vibracións moleculares ata unha frecuencia máxima; este desenvolvemento foi un dos primeiros éxitos teóricos da teoría cuántica.
En 1913, estendeu a teoría da estrutura atómica de Niels Bohr, introducindo órbitas elípticas no modelo, concepto tamén introducido polo físico alemán Arnold Sommerfeld.
Davies, M. (1970). "Peter Joseph Wilhelm Debye. 1884–1966". Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society16: 175. doi:10.1098/rsbm.1970.0007.
Smith, Charles (1970–80). "Debye, Peter Joseph William". Dictionary of Scientific Biography. 3. Nova York: Charles Scribner's Sons. pp. 617–621. ISBN 978-0-684-10114-9.