Musulmán é quen profesa o islam, unha relixión abrahámica monoteísta baseada no Corán, que os musulmáns consideran a palabra literal de Deus revelada ao profeta Mahoma, e, con menor autoridade que o Corán, os ensinos e prácticas atribuídas tradicionalmente a Mahoma. «Musulmán» (en árabe, مسلم) é unha palabra árabe que significa «o que se somete a Deus».
Os musulmáns cren que non hai máis ca un único e verdadeiro Deus que se coñece co nome de Alá. Deus é eterno, trascendente, absolutamente un (a doutrina do tawhid, ou o monoteísmo estrito ou simple), e incomparable, e é autosuficiente, que non procrea nin foi procreado. As crenzas musulmás respecto de Deus resúmense no capítulo 112 do Corán, coñecido como Al-Ikhlas ou «o capítulo da pureza». Os musulmáns tamén cren que o islam é a versión completa e universal dunha fe primordial que se revelou en moitos momentos e lugares antes, incluíndo os profetas Abraham, Moisés e Xesús. Os musulmáns sosteñen que as mensaxes anteriores e as revelacións foron parcialmente modificados ou danados co tempo, pero consideran o Corán como inalterado e a revelación última de Deus.
A maioría dos musulmáns aceptan como musulmán a quen pronuncie publicamente a xahada (profesión de fe) que di: "Non hai ningunha divindade excepto Deus e Muhammad é o profeta de Deus". Tamén cren que Mahoma é o "Selo dos Profetas» e o último profeta. As súas prácticas relixiosas básicas se enumeran nos cinco alicerces do islam, que, ademais da xahada, consisten en oracións diarias (salat), a esmola (zakat), o xaxún durante o Ramadán (Sawm), e a peregrinación á Meca ( hajj) polo menos unha vez na vida.
A maioría dos musulmáns son sunnitas, representando entre un 75 e 90% de todos os musulmáns. A segunda corrente máis grande, é o xiísmo, e representa entre un 10 e 20% dos musulmáns. O país con máis musulmáns é Indonesia, onde vive o 12,7% de musulmáns do mundo, seguido por Paquistán (11,0%), Bangladesh (9,2%) e Exipto (4,9%). Tamén se atopan minorías importantes na India, China, Rusia, Etiopía, América, Australia e partes de Europa. Con preto de 1,8 mil millóns de seguidores, o 26% da poboación mundial, o islam é a segunda relixión máis grande e unha das que crece máis rapidamente no mundo.
They numbered about 900 million in the late 20th century and constituted nine-tenths of all the adherents of Islām.
A common compromise figure ranks Sunnis at 90 percent.
Of the total Muslim population, 10-13% are Shia Muslims and 87-90% are Sunni Muslims.
The great majority of Muslims are Sunnis - estimates suggest the figure is somewhere between 85% and 90%.
Sunni constitute 85 percent of the world's Muslims.
Sunni Islam accounts for over 75% of the world's Muslim population... Shia Islam represents 10-20% of Muslims worldwide...
Shīʿites have come to account for roughly one-tenth of the Muslim population worldwide.
The Pew Forum's estimate of the Shia population (10-13%) is in keeping with previous estimates, which generally have been in the range of 10-15%. Some previous estimates, however, have placed the number of Shias at nearly 20% of the world's Muslim population.
Sunni Islam accounts for over 75% of the world's Muslim population... Shia Islam represents 10-20% of Muslims worldwide...
Islam, followed by more than a billion people today, is the world's fastest growing religion and will soon be the world's largest...
Islam is the youngest, the fastest growing, and in many ways the least complicated of the world's great monotheistic faiths. It is a unique religion based on its own holy book, but it is also a direct descendant of Judaism and Christianity, incorporating some of the teachings of those religions—modifying some and rejecting others.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Musulmán |