Liga de Campións da UEFA 2009-10

Modelo:Competición deportivaLiga de Campións da UEFA 2009-10
TipoLiga de Campións da UEFA Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes76 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2009-2010 Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo30 de xuño de 2009 – 22 de maio de 2010 Editar o valor em Wikidata
Número de edición55 Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoFootball Club Internazionale Milano (3º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos125 Editar o valor em Wikidata
Goles318 Editar o valor em Wikidata
GolLionel MessiFutbol Club Barcelona (8) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores5.193.947 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

A final da Liga de Campións 2009-10 tivo lugar no Estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, o 22 de maio do 2010.

A tempada 2009-10 da Liga de Campións foi a 55ª edición da máxima competición continental de fútbol en Europa, a Liga de Campións, organizada pola UEFA.

Nesta edición o Inter de Milán se proclamou Campión de Europa por 3ª vez na súa historia.

Primeira Fase

Grupo A

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
Francia GIRONDINS BURDEOS 16 6 5 1 0 9 2 +7
Alemaña BAYERN MÚNIC 10 6 3 1 2 9 5 +4
Italia Juventus FC 8 6 2 2 2 4 7 −3
Maccabi Haifa 0 6 0 0 6 0 8 −8
  GIR BAY JUV MAC
Girondins Bordeos 2–1 2–0 1–0
Bayern Múnic 0–2 0–0 1–0
Juventus FC 1–1 1–4 1–0
Maccabi Haifa 0–1 0–3 0–1

Grupo B

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
Inglaterra MANCHESTER UNITED 13 6 4 1 1 10 6 +4
CSKA MOSCOVA 10 6 3 1 2 10 10 +0
Alemaña VfL Wolfsburg 7 6 2 1 3 9 8 +1
Besiktas JK 4 6 1 1 4 3 8 −5
  M.U CSK WOL BES
Manchester United 3–3 2–1 0–1
CSKA Moscova 0–1 2–1 2–1
VfL Wolfsburg 1–3 3–1 0–0
Besiktas JK 0–1 1–2 0–3

Grupo C

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
España REAL MADRID 13 6 4 1 1 15 7 +8
Italia AC MILAN 9 6 2 3 1 8 7 +1
Francia Olympique Marsella 7 6 2 1 3 10 10 +0
Suíza FC Zúric 4 6 1 1 4 5 14 −9
  R.M MIL O.M ZUR
Real Madrid 2–3 3–0 1–0
AC Milan 1–1 1–1 0–1
Olympique Marsella 1–3 1–2 6–1
FC Zúric 2–5 1–1 0–1

Grupo D

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
Inglaterra CHELSEA FC 14 6 4 2 0 11 4 +7
Portugal FC PORTO 12 6 4 0 2 8 3 +5
España Atlético de Madrid 3 6 0 3 3 3 12 −9
Chipre Apoel Nicosia 3 6 0 3 3 4 7 −3
  CHE POR ATL APO
Chelsea FC 1–0 4–0 2–2
FC Porto 0–1 2–0 2–1
Atlético de Madrid 2–2 0–3 0–0
Apoel Nicosia 0–1 0–1 1–1

Grupo E

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
Italia AFC FIORENTINA 15 6 5 0 1 14 7 +7
Francia OLYMPIQUE LYON 13 6 4 1 1 12 3 +9
Inglaterra Liverpool FC 7 6 2 1 3 5 7 −2
Hungría Debrecen SVC 0 6 0 0 6 5 19 −14
  FIO O.L LIV DEB
AFC Fiorentina 1–0 2–0 5–2
Olympique Lyon 1–0 1–1 4–0
Liverpool FC 1–2 1–2 1–0
Debrecen VSC 3–4 0–4 0–1

Grupo F

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
España FC BARCELONA 11 6 3 2 1 7 3 +4
Italia INTER MILAN 9 6 2 3 1 7 6 +1
FC Rubín Kazán 6 6 1 3 2 4 7 −3
Ucraína FK Dynamo Kyiv 5 6 1 2 3 7 9 −2
  BAR INT RUB DIN
FC Barcelona 2–0 1–2 2–0
Inter Milán 0–0 2–0 2–2
Rubín Kazán 0–0 1–1 0–0
FK Dynamo Kyiv 1–2 1–2 3–1

Grupo G

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
España SEVILLA FC 13 6 4 1 1 11 4 +7
Alemaña VFB STUTTGART 9 6 2 3 1 9 7 +2
Romanía FC Unirea Urziceni 8 6 2 2 2 8 8 +0
Escocia Rangers FC 2 6 0 2 4 4 13 −9
  SEV STU UNI RAN
Sevilla FC 1–1 2–0 1–0
VfB Stuttgart 1–3 3–1 1–1
FC Unirea Urziceni 1–0 1–1 1–1
Rangers FC 1–4 0–2 1–4

Grupo H

Equipos Puntos Xog. Gañ. Emp. Per. GF GC Dif.
Inglaterra ARSENAL FC 13 6 4 1 1 12 5 +7
Grecia OLYMPIAKOS SFP 10 6 3 1 2 4 5 -1
Bélxica Standard de Liège 5 6 1 2 3 7 7 +0
Países Baixos AZ Alkmaar 4 6 0 4 2 4 10 −6
  ARS OLY STA AZ.
Arsenal FC 2–0 2–0 4–1
Olympiakos SFP 1–0 2–1 1–0
Standard Liège 2–3 2–0 1–1
AZ Alkmaar 1–1 0–0 1–1

Segunda Fase

Na fase de Play Offs, os equipos xogan entre si dous partidos a ida e volta, menos na final que é a un partido en campo neutral.

Oitavos de final Cuartos de final Semifinais Final
 16/17/23/24 de febreiro -
9/10/16/17 de marzo
 30/31 de marzo-6/7 de abril  20/21 de abril-27/28 de abril  22 de maio (Madrid)
                                     
           
 Alemaña Bayern Múnic  2  2
 Italia AFC Fiorentina  1  3  
 Alemaña Bayern Múnic  2  2
   Inglaterra Manchester U.  1  3  
 Italia AC Milan  2  0
 Inglaterra Manchester U.  3  4  
 Alemaña Bayern Múnic  1  3
   Francia Olympique Lyon  0  0  
 Francia Olympique Lyon  1  1
 España Real Madrid CF  0  1  
 Francia Olympique Lyon  3  0
   Francia Girondins Bordeos  1  1  
 Grecia Olympiakos SFP  0  1
 Francia Girondins Burdeos  1  2  
 Alemaña Bayern Múnic  0  
   Italia INTER DE MILÁN  2  
 Italia FC Inter de Milán  2  1
 Inglaterra Chelsea FC  1  0  
 Italia Inter de Milán  1  1
    CSKA Moscova  0  0  
  CSKA Moscova  1  2
 España Sevilla FC  1  1  
 Italia Inter de Milán  3  0
   España FC Barcelona  1  1  
 Portugal FC Porto  2  0
 Inglaterra Arsenal FC  1  5  
 Inglaterra Arsenal FC  2  1
   España FC Barcelona  2  4  
 Alemaña VfB Stuttgart  1  0
 España FC Barcelona  1  4  

Final

Final
Competición Liga de Campións da UEFA
Tempada 2009-10
Estadio Santiago Bernabéu (Madrid)
Capacidade 80.100
Campión Inter de Milán
Finalista Bayern Múnic
Resultado 2 - 0
Campión


Finalista


A final se disputou no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid o día 22 de maio de 2010. Se enfrontaban o Bayern Múnic e o Inter de Milán nunha final inédita. Os alemáns tiñan o obxectivo de acadar o seu 5º título, e os italianos o 3º. A última presenza do Bayern nunha final fora en 2001, ano no que venceu fronte ó Valencia CF a 4ª Copa de Europa da súa historia, tralas vitorias de 1974, 1975 e 1976. No caso do Inter, campión nos anos 1964 e 1965, non chegaba a unha final dende 1972.

Os dous equipos chegaban á final dirixidos por adestradores cunha Copa de Europa xa no seu palmarés. Louis van Gaal, adestrador do Bayern, xa fora campión en 1995 cando dirixía ó Ajax de Amsterdam. Pola outra banda, José Mourinho, adestrador do Inter, tamén tiña no seu palmarés unha Copa de Europa, a gañada en 2004 co FC Porto.

O camiño de ámbolos dous equipos ata chegar á final foi duro. O Bayern tivo que eliminar a Fiorentina en oitavos de final, ó Manchester United (campión en 2008) en cuartos de final, e ó O. Lyon nas semifinais. O Inter se enfrontou ó Chelsea FC en oitavos, ó CSKA Moscova en cuartos, e ó FC Barcelona (campión en 2009) nas semifinais.

O inglés Howard Webb foi elixido para arbitrar a final. O encontro foi dominado polo Bayern, que tivo a posesión do balón un 66'55% do tempo, por un 33'45% para o Inter. Os italianos empregaron a estratéxia de agardar na súa área defendendo para saír ó ataque con velocidade cando recuperaban o balón. O resultado foi que o Bayern disparou 23 veces, 4 delas entre os tres paus. O Inter só disparou 11 veces, 4 entre os tres paus. O Bayern tirou 6 saques de curruncho, por 2 do Inter.

A pesar de tódolos marcadores positivos para o Bayern no encontro, foi o Inter o que se adiantou no minuto 35, cando o dianteiro arxentino Diego Milito (designado mellor xogador da final) marcou na súa primeira oportunidade. No minuto 70 Milito volveu a marcar, nunha contra.

No Bayern destacou o xogo do holandés Arjen Robben, que tentou 8 disparos á portería de Julio Cesar. No Inter destacou Wesley Sneijder, que tirou 6 veces a porta.

Ó remate do encontro Franz Beckenbauer, presidente de honra do Bayern, comentou que a ausencia do atacante francés Franck Ribéry fora determinante. Na rolda de prensa posterior ó encontro, José Mourinho anunciou que deixaba o Inter de Milán para asinar co Real Madrid CF.

Esta vitoria supuxo o 3º título de campión de Europa para o Inter de Milán, un título que non tiña dende había 45 anos.

Táboa de goleadores

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas