Penev | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Dimitar Penev | ||
Nacemento | 12 de xullo de 1945 | ||
Lugar de nacemento | Mirovyane | ||
Posición | defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1962–1964 | Lokomotiv Sofia | 35 | (1) |
1964–1977 | CSKA Sofia | 329 | (24) |
Total | 364 | (25) | |
Selección nacional | |||
1964–1977 | Bulgaria | 90 | (2) |
Adestrador | |||
1977–1979 | Dimitrovgrad | ||
1983–1985 | Al-Yarmouk | ||
1985–1990 | CSKA Sofia | ||
1989 | Bulgaria | ||
1991–1996 | Bulgaria | ||
1997 | Al Nassr | ||
1998 | Spartak Varna | ||
1998–2000 | CSKA Sofia | ||
2003 | Liaoning | ||
2007 | Bulgaria | ||
2008–2009 | CSKA Sofia | ||
2011–2012 | CSKA Sofia | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. | |||
Dimitar Dushkov Penev (en búlgaro: Димитър Душков Пенев), nado en Mirovyane, Bulgaria, o 12 de xullo de 1945, é un exfutbolista e exadestrador búlgaro. Considerado como un dos mellores defensas búlgaros da historia, militou durante case toda a súa carreira no CSKA Sofia, co que acadou numerosos títulos. Foi 90 veces internacional coa selección de Bulgaria, coa que disputou tres Copas do Mundo (1966, 1970 e 1974). Recibiu dúas veces o premio ao futbolista búlgaro do ano, en 1967 e 1971.
Como adestrador dirixiu en varias ocasións o CSKA Sofia, gañando 12 títulos, e tamén en varias etapas á selección búlgara, coa que alcanzou as semifinais do Mundial de 1994.
É tío do exfutbolista e adestrador Lyuboslav Penev.
Debutou como futbolista no Lokomotiv Sofia, onde militou durante dúas tempadas entre 1962 e 1964, gañando na última delas a liga búlgara. A continuación fichou polo CSKA Sofia, club no que militou durante o resto da súa carreira, ata 1977, acumulando 411 partidos e 30 goles. Gañou sete títulos de liga e cinco Copas de Bulgaria co club durante ese período, no que ademais alcanzou as semifinais da Copa de Europa na edición de 1966/67, caendo contra o Inter de Milán de Helenio Herrera. Foi elixido Futbolista Búlgaro do Ano en 1967 e 1971.
Tras colgar as botas comezou a súa carreira como técnico no Dimitrovgrad. En 1985 comezou un período de cinco anos á fronte do CSKA Sofia, no que gañou tres ligas, tres Copas de Bulgaria e tres Copas do Exército Soviético, ademais da primeira edición da Supecopa de Bulgaria. Os seus logros co club valéronlle o nomeamento como adestrador da selección de Bulgaria, cargo que ocupou brevemente en 1989 e máis tarde dende 1991 ata 1996, clasificando o equipo para a Mundial de 1994. O equipo búlgaro realizou o mellor Mundial da súa historia, alcanzando as semifinais, onde foi eliminado pola Italia de Arrigo Sacchi.
Posteriormente pasou polos bancos do Al Nassr de Arabia Saudita, o Spartak Varna, de novo o CSKA e o Liaoning chinés. En 2007 foi nomeado seleccionador de Bulgaria por segunda vez. O seu balance total como seleccionador búlgaro foi de 55 partidos, con 25 vitorias, 15 empates e 15 derrotas. Máis tarde adestrou durante dúas etapas máis o CSKA, ata 2012.
Como adestrador destacou pola súa confianza nos futbolistas novos, facendo debutar nos seus equipos a numerosos talentos, entre eles Hristo Stoichkov, Emil Kostadinov, Lyuboslav Penev, Martin Petrov, Stiliyan Petrov ou Dimitar Berbatov.
É presidente de honra do CSKA Sofia e do modesto Nottingham United FC.