Bovininos Bovini | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Búfalo acuático | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
A dos bovininos (Bovini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos e subfamilia dos bovinos.
Esta tribo comprende de grandes a moi grandes herbívoros, entre eles animais domésticos de grande importancia económica para os seres humanos, como o búfalo doméstico e o iac, así como parentes asiáticos máis pequenos e grandes bóvidos de vida libre como o búfalo africano e os bisontes americano e europeo.
A tribo foi definida en 1921 polo zoólogo británico John Edward Gray, na súa obra "On the natural arrangement of Vertebrose Animals" (publicada en London Medical Repository 15: 296–310).
O termo do latín científico Bovini adáptase aquí como bovininos para non confundilo co nome da subfamilia, bovinos (Bovinae), adaptando a desinencia empregada para formar os nomes das tribos, -íni, como -inini, igual que se fai noutros idiomas romances, como o portugués, ou o castelán.
A continuación faise unha relación dos actuais xéneros e especies:
Tribo Bovini
As relacións máis próximas a esta tribo son coas tribos Boselaphini e Tragelaphini. O antepasado común de todas as especies dos Bovini parece ser que viviu hai uns 5 millóns de anos.
Os primeiros clados que diverxeron foron os das especies dos búfalos (xéneros Bubalus e Syncerus). A continuación separáronse os clados das especies banteng e gauro e o touro doméstico.
É posíbel que tamén existira un cuarto clado que comprendería aos bisontes e os iacs.
Recentes estudos de filoxenia permitiron establecer a árbore filoxenética seguinte:
Bovini |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nótese que a posición do xénero Bison está en discusión.
Os bovininos están presentes en todos os continentes. A súa poboación global ascende a 1,5 billóns cabezas (das que 1,4 billóns son vacúns e 150 millósnes cebús).
Empréganse para o traballo agrícola, aspecto importante aínda nos países subdesenvolvidos, para o aproveitamento do leite, que ademais de ser un fundamental alimento é unha fonte importante de graxa (manteiga), e da carne (excepto na India). Tamén se utiliza a súa pel (para a fabricación do coiro), os seus cornos, e a bosta, como fertilizante, ademais de utilizarse, seca, como combustíbel nalgúns países, e mesmo para a construción de vivendas (cabanas), como entre os masais de Kenya.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bovininos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bovininos |