1904 (MCMIV) foi un ano bisesto comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
Nacementos
- 15 de xaneiro - Cosme Vázquez, futbolista galego (m. 1976).
- 26 de xaneiro - Seán MacBride, pacifista irlandés, Premio Nobel da Paz (m. 1988).
- 1 de marzo - Glenn Miller, músico de jazz estadounidense (m. 1944).
- 4 de marzo - Luis Carrero Blanco, militar e presidente de goberno de España (m. 1973).
- 4 de marzo - José Moreno Torres, sindicalista e militar galego (m. 1937).
- 6 de marzo - José Antonio Aguirre, primeiro lehendakari de Euskadi.
- 20 de marzo - Burrhus Frederic Skinner, psicólogo norteamericano.
- 26 de marzo - Joseph Campbell, antropólogo estadounidense (m. 1987).
- 29 de marzo - Xoán Vidal Martínez, mestre e escritor galego.
- 21 de abril - León Esteban San Miguel, bispo católico español.
- 22 de abril - María Zambrano, filósofa española.
- 22 de abril - Robert Oppenheimer, físico estadounidense (m. 1967).
- 11 de maio - Salvador Dalí, pintor, deseñador, escritor e cineasta español.
- 17 de maio - Jean Gabin, actor francés.
- 19 de maio - Daniel Guérin, escritor anarquista francés.
- 20 de xuño - Matilde Landa, política española (n. 1942).
- 7 de xullo - Antonio Fernández Carnicero, médico e político galego (m. 1997).
- 12 de xullo - Pablo Neruda, escritor chileno.
- 14 de xullo - Isaac Bashevis Singer, escritor xudeu, premio Nobel de Literatura en 1978.
- 16 de xullo - Ricardo Núñez Lissarrague, actor e director de cine galego.
- 18 de xullo - Manuel Meilán Martínez, galeguista do Uruguai (m. 1994).
- 21 de agosto - Count Basie, músico estadounidense (m. 1984).
- 22 de agosto - Deng Xiaoping, político chinés.
- 16 de setembro - Xulián Magariños, escritor galego (m. 1934)
- 2 de outubro - Graham Greene, escritor británico.
- 20 de outubro - Manuel Fernández Fernández, sindicalista e político galego (m. 1993).
Mortes
- 9 de abril - Isabel II, raíña de España.
- 13 de abril - Vasili Vereshchagin, pintor ruso (n. 1842).
- 1 de maio - Antonín Dvořák, compositor checo.
- 10 de maio - Henry Morton Stanley, explorador británico-estadounidense.
- 6 de xullo - Abai Qunanbaiuli, poeta, compositor e filósofo casaco.
- 14 de xullo - Anton Chekhov, escritor ruso.
- 22 de setembro - Alfredo Vilas, avogado e político galego.
- 24 de setembro - Niels Ryberg Finsen, médico dinamarqués, premio Nobel de Medicina en 1903.
- 27 de novembro - Bernardo Barreiro de Vázquez Varela historiador, xornalista e arquiveiro galego.
Outros
Historia ano a ano